- Catequese de Comuñón
Os rapaces que cumpriron 7 anos poden acudir xa a catequese que os prepara para recibir a primeira comuñón. Na nosa diocese está estipulado que a preparación sexa de dous anos. Na nosa unidade pastoral reunímonos cada quince días na igrexa de Castroverde.
- Catequese de Confirmación
Aqueles rapaces que xa fixeran a comuñón ou que queiran recibir ambos sacramentos xuntos e teñan máis de 9 anos, prepáranse de forma quincenal tamén na igrexa de Castroverde. A Confirmación é un sacramento que recíbese por parte do Bispo ou dun delegado deste.
- Cursillos prematrimoniais
De acordo co establecido na diocese, a Delegación de Laicos, Familia e Vida encárgase de organizar os encontros prematrimoniais para preparar a aqueles que desexan celebrar este sacramento.
- Coro interparroquial
Tódolos venres ás 19 horas reúnese o coro para facer os ensaios na igrexa de Castroverde. Está conformado por persoas das distintas parroquias e aberto a quen desexe participar.
- Cofradía Virxe do Castelo de Castroverde
A Cofradía -que é interparroquial- está conformada por preto de 100 persoas, aínda que non todas elas saen en procesión. As actividades fundamentais desta cofradía son as saídas procesionais: o Domingo de Ramos, o Mércores Santo e na festa adicada a Virxe do Castelo. Para formar parte da mesma pódeste inscribir na parroquia de Castroverde.
- Peregrinacións entre xaneiro e maio de cada ano
Xunto coas parroquias de Mosteiro e Meira, a nosa Unidade Pastoral ofrece unha saída ao mes no primeiro semestre do ano, coa pretensión de facer comunidade e compartir a fe con outros. No ano 2025 estamos a realizar o Camiño de Santiago. Se desexas máis información, ponte en contacto co sacerdote.
- Peregrinación interparroquial de inicio de Curso
Cada ano, na fin de semana máis próxima a memoria litúrxica da Virxe do Pilar, as parroquias de Mosteiro, Meira e Castroverde organizan unha saída de tres-catro días a algunha zona de España, ca fin de xerar comuñón e compartir a fe coma Igrexa convivindo con otros.
- Programa de acollida de peregrinos
Nos meses de xullo e agosto, a parroquia de Castroverde quere poñer en marcha a recepción de peregrinos pola capital do Concello. Trátase dun servizo de voluntarios que, de luns a venres, dende ás 9 ata ás 12, permanecen no templo parroquial para recibir os peregrinos que pasen por alí e sellar as súas credenciais.
- Participación na peregrinación anual a Suevos
Na fin de semana na que toda a Igrexa celebra o Domund, as nosas parroquias únense a celebración da peregrinación ata Suevos que cada ano congrega a un grupo de diocesáns que chegan ata o lugar onde naceu San Xosé María Díaz Sanxurxo.
- Viaxe parroquial anual
Tras celebrar a Semana Santa, a proposta é compartir con aqueles que o desexen un momento de descanso, de coñecer outra cultura e costumes, de visitar outro país. No ano 2026 a idea é poder saír 8 días e visitar Praga, Bratislava e Budapest entre o 10 e o 17 de abril.
