Sacramentos

BAUTISMO

Para que un/unha rapaz/a ou un adulto reciba o bautismo fai falta cubrir unha solicitude do mesmo, cos datos que logon se van a rexistrar no Libro de Bautismo da parroquia correspondente onde se realice. Esta solicitude pídeselle ó sacerdote.

Ademais, segundo o Código de Dereito Canónico, os padriños deben haber recibido o sacramento da confirmación (c. 874, 3) para poder cumprir coa súa misión de acomapañar na fe o quen será bautizado, e debe ter cumpridos dezaseis anos.

É necesario xustificar que os padriños recibiron a confirmación por medio de un certificado que se entrega na parroquia donde tivo lugar dita celebración. No caso de que fose nalgunha das parroquias desta Unidade Pastoral bastaría con comunicar a data ó párroco para que a busque no libro correspondente.

Para a preparación deste sacramento débese solicitar unha entrevista co párroco, de forma que se poida entregar a solicitude cuberta e os certificados de confirmación dos padriños.

PENITENCIA

A confesión pódese solicitar ó párroco e concretar con el unha hora e lugar.

No caso dos nenos que van a recibir a comuñón por primeira vez, a celebración do sacramento da penitencia será nunha data indicada polo sacerdote ou poñéndose de acordo ca familia.

EUCARISTÍA

A catequese de comuñón débese iniciar con 7 anos e ten unha duración de dous anos, tal e como o indican as normas diocesanas.

Os pais poden escoller a data que prefiran para dita celebración, sendo preferible que esta sexa na misa dominical da parroquia correspondente ou nunha solemnidade.

CONFIRMACIÓN

A catequese de confirmación débese iniciar con 9 anos, despois de recibir a primeira comuñón, e ten unha duración de tres anos, tal e como o indican as normas diocesanas [na nosa parroquia reducímo-lo segundo a idade que teñan os rapaces que o solitican].

A data será fixada co Bispo da diocese, nun domingo.

Poden recibir a confirmación todos aqueles que o desexen, organizando una formación individual e máis breve.

UNCIÓN DOS ENFERMOS

Na Pascua vaise a propoñer unha data para unha celebración comunitaria da unción, que a poden recibir todos aqueles que sexan maiores ou que estén enfermos. Tamén o sacerdote pode ungir a quen o desexe de forma privada, solicitándoo previamente.

MATRIMONIO

Para a celebración do matrimonio é necesario ter unha entrevista previa co sacerdote, donde se indicarán todos os documentos que se precisan para realizar o expediente matrimonial. Deberíase realizar o cursillo prematrimonial.